XXX Aniversario da Asociación de Mulleres Bolboretas 1990 - 2020

En maio de 1990 foi o mes no que se fundou oficialmente a Asociación de Mulleres Bolboretas. Esta Asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro na localidade de Xove, onde hai 40 anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española.PAZO TOVAR LUGO
A empresa, naqueles intres Alúmina/Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construir vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias.
Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido, con extraños...pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta nova situación lles proporcionaba, colexio, instalacións deportivas e clube social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares, eventos como campionatos de fútbol sala, tenis, baloncesto, e tamén actividades teatrais, desfiles, festas do Magosto, San Xoán..... Aquí naceu a primeira Cabalgata de Reis do Concello, o primeiro grupo de Baile Rexional (raíces do actual "Saíñas") e  catro edicións do festival da Canción Galega (precursora do Festival do Landro).
Así foi formándose a idea de crear oficialmente, dez anos máis tarde, a Asociación de Mulleres Bolboretas, como elas din, a primeira Asociación da Provincia que englobaba todo tipo de mulleres, sen excepción, mulleres do rural, mulleres urbanas, mulleres amas de casa, mulleres traballadoras...; outro punto a destacar é  que estaba aberta a toda a Comarca, non só a Urbanización, nin ao Concello, xa que dende os seus comezos conta con afiliadas de toda a Mariña. Actualmente sobre medio cento.
Estos trinta anos da asociación deron lugar a un amplo currículum de diferentes actividades, que continúan na actualidade.
As Bolboretas poñen ao alcance das súas socias diferentes actividades de entretenemento e ocio, viaxes culturais, cursos formativos, charlas sobre saúde, consumo, violencia de xénero, nutrición. Todo isto ademáis de realizar actividades sociais para a comunidade.
O Concello de Xove aproveita este Aniversario para facer esta pequena homenaxe e comunicar públicamente que está profundamente agradecido coas Mulleres Bolboretas que, desinteresadamente, levan cosendo mascarillas dende o comezo do Estado de Alarma xerado pola alerta sanitaria do Covid-19.

yellGRAZAS a cada unha de vós:  Ángeles, Fina, Celia, Pilar, María Carmen, Violeta, María Jesús C., María Jesús e Carmen.