Xuntanza coas Comisións de Festas do Concello...
Hoxe, no Salón de Plenos do Concello, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín mantiveron unha xuntanza coas comisións organizadoras das distintas festas parroquias e patronais, festas gastronómicas e feiras de gando que se celebran no noso Concello.
Debido ao problema do coronavirus, acordaron suspender este ano a celebración das distintas festas e feiras, primando neste sentido a seguridade das persoas. Tódolos participantes na xuntanza asumiron que a celebración dos distintos eventos suporía un risco sanitario moi alto, dado que a previsión é que se producirían grandes concentracións de persoas nestes eventos, tendo en conta tamén que se desprazarán moitas persoas a Galicia a pasar as vacacións, xa que fomos os primeiros en sair do estado de alarma.