Hoxe, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na Aula Multideportiva do Concello (frente á Residencia da Terceira Idade) realizouse a entrega das plantas e árbores frutais e autóctonas a todas as persoas que as solicitaron. Trátase dunha iniciativa organizada e coordinada dende a Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes.