Limpeza de Montes 2009/2010
ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A LIMPEZA DE MONTES 2009/10
O prazo para solicitar as axudas para a limpeza de montes con arboredo abrirase o vindeiro 2 de novembro de 2009, e rematará o 26 de febreiro de 2010.
A data límite para ter rematados os traballos de limpeza dos montes e para ter avisado no Concello será o 2 de abril de 2010.
Condicións principias:
- Será requisito principal que o solicitante estea censado no Concello de Xove (con un mínimo de 6 meses de antelación á solicitude), e tamén que sexa o propietario do monte polo que solicita a subvención.
- O monte deberá estar situado dentro dos termos do Concello de Xove.
- Concederase unha axuda por unidade familiar.
- Non se poderá solicitar por montes que xa foron obxecto de subvención nos DOUS ANOS ANTERIORES, é dicir, nas campañas 2008 e 2009.
- A superficie máxima de subvención son 7250m2 (10 Ferrados).
- A plantación deberá ter unha altura mínima de 1,5 m. e o monte non poderá ter a madeira cortada no momento da visita dos técnicos.