Axudas á xuventude para a obtención do permiso de condución clase B

 Pola Xunta de Galicia fáise a convocatoria na Orde do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 90 do 13/05/2013)

Contía da axuda: O importe da axuda será de 250 € por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.

Requisitos dos/das solicitantes: Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude. Teñan a súa residencia en Galicia. Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.- Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o IPREM establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican.- N.º de membros da unidade familiar:1 Ingresos máximos: 18.637,85 €.- 2 membros:  Ingresos máximos: 20.707,72 €.-  3+  Ingresos máximos: 23.297,31 €

As persoas beneficiarias quedarán obrigadas a: asistir ao curso de educación viaria gratuíto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e superalo con éxito. Deberán obter o permiso de condución clase B entre o 1 de xaneiro de 2012 e antes do 15 de outubro de 2012 como requisito previo á percepción da axuda.

 

Obxecto: Facilitar axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.

Documentación:

Lugar de presentación: Preferiblemente por vía electrónica: na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar .- Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo: Ata o día 1 de outubro de 2013 (agás que se esgote antes o crédito orzamentario dispoñible).