PROGRAMA “ XUNTOS POLO NADAL”

Dende  a Secretaria Xeral de Política Social convocase un total de 240 prazas para participar neste Programa,  distribuídas do seguinte xeito: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña.- Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense. - Vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.

O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.

 Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que: Realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas e teñan un menor nivel de ingresos económicos e non participaran neste ano en ningunha quenda do Programa de Benestar en balnearios, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadalteñan máis idade.

Aínda obtendo unha puntuación que lles permita o acceso o Programa, poderanse excluír aqueles solicitantes que xa participaron outros anos e non se adaptaron as normas de convivencia establecidas.

As solicitudes deberanse formular no modelo deseñado ao efecto acompañada de informe social e declaración responsable, cumprimentándose todos os datos requiridos.

Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 25 de novembro de 2013. Tramitación: Servizos sociais comunitarios dos concellos, servizos sociais de atención primaria de saúde, xefaturas territoriais e centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Información:  TELEFONO SOCIAL 900 333 666   Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:http://benestar.xunta.es