En marcha unha nova edición de “Educando en Familia”

O pasado 20 de novembro comezou en Xove una nova edición do proxecto “EDUCANDO EN FAMILIA”, que se está a desenvolver na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, a cal o Concello acondicionou debido ao número de familias anotadas, converténdoo nun espazo axeitado ao efecto.

O proxecto “Educando en Familia” está subvencionado polo noso Concello e, como dixemos antes, comezou o 20 de novembro cun total de 18 familias anotadas. Esta iniciativa educativa está dirixida  a nenos/as con idades entre 0 e 6 anos, acompañados polos seus pais ou outro familiar directo.

Un día á semana a monitora Estefanía Eijo axuda ás familias a tomar conciencia do seu papel como educadores, axudando a crear espazos de intercambio de experiencias e inquietudes.