Becas e Axudas ao Estudo Curso 2018/2019
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2018/2019 abarcará do 10 de novembro ao 29 de novembro de 2018-.
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2017/2018, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade de convivencia ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...).
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.