Vista da Escola de Maiores a Navia

   Hoxe, 21 de maio, unhas 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural ao concello asturiano de Navia. Pola mañá visitaron o Santuario Mariano de Villaoril, continuando despois en Puerto de Vega coa visita á Santa Marina (chamada catedral barroca de Asturias) e ao museo etnográfico “Príncipe de Asturias”.

A visita de pola tarde inclúe o Parque da Vida de La Mata e o museo casa-palacio de Tapia de Casariego.   Nesta viaxe o grupo está acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.