Escola de Maiores.- Entrega de Diplomas
Hoxe, martes 22 de xuño ás 11:30 horas, tivo lugar  no Salón de Plenos do Concello a ENTREGA DE DIPLOMAS aos alumnos da Escola Municipal de Maiores, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
A Escola de Maiores arrancou este curso  en outubro do pasado ano cun total de 40 alumnos, todos do Concello, con idades comprendidas entre os 60 e os 82 anos.
f1
Durante o Curso, amáis das clases presenciais, nas que traballaron as diferentes materias académicas (lectura, escritura, cálculo,…), realizaron dúas saídas culturais a concellos cercanos.
A Escola de Maiores cumpre tamén unha función social dado que propicia a reunión dos seus participantes, o cal lles proporciona benestar e mellora na súa calidade de vida, favorecendo tamén a comunicación e a convivencia.