Día Internacional da Non Violencia de Xénero
Hoxe xoves 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia de Xénero, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro asistiu ás 12:00 h. a un acto no IES Illa de Sarón, onde dirixeu unhas verbas a tódolos presentes no mesmo, alumnos/as e profesores/as.
Participaron tamén neste acto varios alumnos/as do Instituto que procederon a lectura de varias cartas; asimesmo, ao final do acto, representantes da Asociación de Mulleres Bolboretas de Xove procederon a repartirlles a tódolos presentes varios folletos alusivos a este Día Internacional.

DIA_DA_NON_VIOLENCIA_DE_XNERO_1