Contra a soidade: Xuntos no Nadal
Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de
familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuidas da seguinte maneira:
- 1. Residenciade Tempo Libre do Carballiño: 70 prazas para a provincia da Coruña e 50 prazas para a provincia de Ourense
- 2. Residencia de Tempo Libre de Panxón: 70 prazas para a provincia de Pontevedra e 50 prazas para a provincia de Lugo.
O Programa contempla o aloxamento , en habitacións dobres e manutención en réxime de pensión completa, durante 10 dias (9 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 1 de xaneiro de 2012 despois do xantar.
Datas: Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2011 e o 1 de xaneiro de 2012.
Persoas beneficiarias: Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Valerse por sí mesmo/a e non padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
- Non estar acollido/a en ningún centro residencial
- Ter un nivel de ingresos económicos baixo
- Ter que pasar só/soa as datas de Nadal.
Para a selección dos participantes aplicaránse as solicitudes que reunan os requisitos, os criterios establecidos no anexo incluido na Circular, dándolle preferencia ás persoas que:
- participen no Programa a nivel individual, que realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
- teñan un menor nivel de ingresos económicos.
- non participaron neste ano en ningunha quenda do Programa de Turismo Social, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
- Teñan máis idade.
Ainda obtendo unha puntuación que lles permita o acceso ao Programa, poderanse excluir aqueles solicitantes que xa participaron outros anos e non se adaptaron as normas de convivencia establecidas.
Servizos:
- Transporte desde o Centro Sociocomunitario que se lle indique na carta de adxudicación da praza.
- Aloxamento en cuartos compartidos e manutención das persoas participantes en réxime de pensión completa.
- Réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran e o acrediten debidamente.
- Actividades de animación sociocultural.
- Póliza colectiva de seguros.
Documentación:
- Solicitude
- Informe médico
- D.N.I.
- Tarxeta sanitaria
- Certificado de Pensión 2011
- Certificado de convivencia actualizado da persoa solicitante
Lugar de presentación: Servizos sociais municipais.
Prazo de presentación: Ata o 30 de novembro de 2011