Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

II CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS DE XOVE

Hoxe, sábado 29 de setembro, desenvolveuse a II CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

   A organización contou, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.

   O Programa de actividades foi o seguinte:

   -De 9:00 a 11:00 horas.- RECEPCIÓN de vehículos (coches e motos) na Praza do Centro Cívico. Durante este período, todo o público asistente puido admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios. En total participaron 83 coches clásicos (todos de máis de 30 anos) e 25 motos (tamén todas de máis de 30 anos).

   Os participantes procedían de de Manzaneda (Ourense), Padrón (Pontevedra), Navia e Gijón (Asturais), Melide, Narón e A Coruña (A Coruña), e tamén de toda a Mariña.

   -Sobre as 12:00 horas procedeuse á realización dun CIRCUITO polo Concello, duns 10 km, con saída do Centro Cívico cara a Vila, na parroquia de A Rigueira, continuando hacia a Igrexa de San Miguel (A Rigueia), en cuxa explanada se ubicaron os vehículos. Tendo en conta que era a Festa do San Miguel, algúns aproveitaron para participar na Misa e na Procesión, e outros adicáronse a visitar o fermoso entorno, coa área recreativa e a Ruta dos Muiños, e participar na sesión vermú da festa.

   A media mañá, e antes de partir, a organización ofreceulles aos participantes un pequeño refrixerio na Área Recreativa.

   A continuación a comitiva seguiu cara o Cruceiro, para dirixirse á A Vara, pasando por Os Faroles, Igrexa de Xuances e baixada cara Area, onde todos, sobor das 15:00 horas, disfrutamos dun xantar no Restaurante Louzao.

   Unha vez rematado o xantar, a organización procedeu á entrega de PREMIOS, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.

   Dentro dos premios, premíaronse, tanto en categoría coches como motos:

   -Aos vehículos máis antigos.

   -Aos de procedencia máis lonxana.

   -Ao condutor/a máis veterano/a.

   -Ao condutor/a máis xove.

   Consideramos que a participación, con 83 coches e 25 motos, foi excelente, tendo que deixar varios vehículos fóra da convocatoria dado que non podíamos atender tódalas solicitudes que nos chegaron. Cremos imporante sinalar a relación de clubes participantes:

   -Club clásicos de Narón (A Coruña).

   -Clásicos do Sar (Padrón).

   -Clásicos de Mondoñedo (Mira e Anda).

   -Avésporas da Mariña (Burela).

   -Clásicos de Lourenzá

   -Clásicos de Barreiros.

   -Asociación de Foz.

   -Asociación de Navia (Asturias).

     Por último, a organización realizou un concurso entre tódolos participantes con preguntas sobre o mundo do motor. Só dous concursantes respostaron correctamente a tódalas preguntas, polo cal foron merecedores dun premio.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo