Xornadas de promoción de Bolos

Un ano máis, e antes de comezar a XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas. Polas Xornadas deste ano 2018 van pasar 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.-  As Xornadas comezaron hoxe na Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xove, contándose coa participación dos 20 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Pedro Caselles, os cales estiveron acompañados pola profesora Marta Álvarez.bolitos34

As Xornadas van continuar con arranxo ao seguinte calendario:

   O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 18 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores. Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, nesta edición, coa colaboración dos departamentos de educación física do Colexio Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.    Dende o Concello só nos queda agradecerlle á profesora Marta Álvarez do Colexio Pedro Caselles e ao profesor Carlos L. Jacob do IES Illa de Sarón toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.