Tirada de Bolos -Centro Social Morás-

 

 

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MORÁS   ( 9 DE MARZO DE   2019)

   31 INSCRITOS:   19 NA LIGA SENIOR,   5 NA LIGA SUB 16   E       7 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                 NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 308 12
SEGUNDO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 308 10
TERCEIRO ALEX MEITÍN SERANTES 300 8
CUARTO DANIEL ALONSO LÓPEZ 297 7
QUINTO CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 284 6
SEXTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 278 5
SÉTIMO LUIS RANCAÑO BOUSO 274 4
OITAVO JORDI MEITÍN SERANTES 272 3
NOVENO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 271 2
DÉCIMO ARTURO VIGO CASABELLA 253 1
MELLOR BOLADA JORDI MEITÍN SERANTES 91 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ 235 6
SEGUNDO CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ 191 4
TERCEIRO IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ 180 3
CUARTO HUGO PÉREZ MEITÍN 132 2
QUINTO ENZO MARAGOTO BERMÚDEZ 24 1
MELLOR BOLADA CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ 71 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 214 6
SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL 200 4
TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 151 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 138 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 127 1
MELLOR BOLADA JULIA LÓPEZ FORMOSO 84 1

 Tarde agradable e campo en bo estado para práctica dos bolos

Liga Senior Masculina.- HAI PARTIDO. Arturo Vigo, a quen con quedar por diante de Miguel López lle chegaba para proclamarese campión desta XXX Edición, veu como nesta penúltima tirada se lle esfumou prácticamente toda a renda que tiña, de 13 puntos pasou a 2. A victoria de Miguel López, a quen non lle temblou a man a hora de executar as tiradas, permítelle achegarse ao líder; os dous puntos que lle separan de Arturo poden ser unha renda perfectamente superable. Inda así, Arturo parte con vantaxe, xa que a súa posición de líder permítelle tirar en último lugar, polo cal cando tire, vai saber sempre o que fixo o seu rival; isto lóxicamente, en principio é unha vantaxe, pero en determinadas circunstancias pode converterse nun problema. Polo tanto, Arturo e Miguel vanse disputar esta edición especial do noso torneo, que xa acada tres décadas, nesta última tirada de Vilachá. Quen si deu un paso importante, càseque definitivo, foi o vixente campión Alex Meitín, que prácticamente se asegurou a terceira posición final; inda matemáticamente Javier Rodríguez podería empatarlle se gañase en Vilachá e tivese a mellor bolada, e Alex Meitín non puntuase, empresa que cremos prácticamente imposible. Pero bueno, matemáticamente Alex inda non ten a terceira praza asegurada.

Liga Senior Feminina.- Con Julia López xa campiona, a emoción nesta categoría estase a centrar na loita polo segundo posto. Nesta tirada de Morás Belén Meitín non aproveitou esta penúltima bala e perdeu un punto con respecto a Carmen Roca, quen, con seis puntos de vantaxe sobre Belén, prácticamente ten asegurado o subcampionato. Pero bueno, Belén inda ten algunhas opcións, iso sí, mínimas. Nesta categoría reciben premio e trofeo finais as 5 primeiras clasificadas; neste sentido, tamén hai unha importante loita polo 4º posto final, no que Concepción Piñeiro parte con dous puntos de vantaxe sobre Dolores Baño.

Liga Sub 16.- Con Javier Alonso como campión e Hugo Pérez como subcampión, a emoción estaba en ver quen se facía co terceiro posto final, se Christian Rodríguez ou Izan Maragoto; pois ben, Christian Rodríguez impúxose claramente por diante de Izan Maragoto nesta tirada de Morás, conseguindo tamén a mellor bolada; isto permítelle gañar matemáticamente a 3ª praza final, polo cal nesta categoría podemos decir que está todo o pescado vendido.

PRÓXIMA E ÚLTIMA TIRADA DA XXX EDICIÓN DOS BOLOS DE XOVE:

Sábado 16 de marzo de 2019 a partires das 16:00 h. na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE   VILACHÁ.