VI Concurso de Fotografía Medioambiental en Xove

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VI Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:Primeiro premio: 120 euros.- Segundo premio: 100 euros .- Terceiro premio: 90 euros.- Cuarto premio: 75 euros .-Quinto premio: 65 euros.-

Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

   A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:

   O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 13 DE SETEMBRO DE 2.019, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 13 DE SETEMBRO DE 2019.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. 

BASES REGULADORAS #  FICHA DE AUTORÍA