Actividades de Nadal en Xove

   #       SABADO 14. VIDEPROYECCION FOTOGRAFICA "CLIC". AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO    

   Trátase dunha videoproxección de fotografías realizada conxuntamente pola Asociación Fotográfica “Os Negativos” de Viveiro e o Grupo “Fotonavia” de Asturias. O vídeo que se vai a proxectar recolle fotografías duns 20 afeccionados, tomadas en distintos lugares do mundo, pero preferentemente en Galicia e Asturias. A montaxe do vídeo foi realizada por Javi Freitas do Grupo “Fotonavia”.   O vídeo está dividido en bloques temáticos: arquitectura, paisaxe, natureza, retrato, branco e negro, etc.    A entrada, libre. Unha boa ocasión para disfrutar da mellor fotografía. Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).

 A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira.Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.

   #     DOMINGO 15.- PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL " A BALEEIRA DE MORÁS".- AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO     

   Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).

 A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira. Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.  Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá.  Entrada libre.