Día dos Nenos e a Cabalgata de reis

Remata o nadal en Xove co Día dos Nenos e a Cabalgata de reis

Sábado, 4 de xaneiro - DÍA DOS NENOS.- Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro temos o DÍA DOS NENOS  con:

-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:

En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.

-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: La granja, Multiarcos, Moto Gp, Tobogán xigante, Tobogán dísney, Barredora, Globoflexia e Maquilaxe.

   A entrada a todas estas actividades é totalmente libre e gratuita.

Domingo, 5 de xaneiro – CABALGATA ESPECIAL DE REIS.- ntro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA ESPECIAL DE REIS o domingo 5 de xaneiro.

   Antes da cabalgata polas rúas de Xove, os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños. Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.   O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.


      CHAMAMENTO AOS ASISTENTES   

Dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as aceras, e que por cuestións de seguirdade non invadan a calzada.  

 


 

Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.