Antroido 2020-->Concurso de Disfraces

    Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, presentaron o Programa de actividades do noso Concello para o ENTROIDO 2020

 

   Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.

 

INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2020" EN XOVE

   A mesma hai que realizala en:

      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 21 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

      -O mesmo día do desfile (22 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

   O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 22 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

 

 ------Documents----- FICHA DE INSCRIPCIÓN ----------- > BASES REGULADORAS  <---