Campionato de España Xuvenil de Bolos

O club de Bolos Xove sigue en racha.---> A finais de agosto pasado celebramos os éxitos do Club de Bolos Xove no Campeonato de España Femenino. Pois ben, continuando con esta racha victoriosa, o Club de Bolos Xove acaba de conseguir uns excelentes resultados na categoría Xuvenil no Campeonato de España celebrado este pasado fin de semana, concretamente os dias 19 e 30 de marzo, na localidade asturiana de Navelgas.

 O Club de Bolos Xove só participou con 3 xogadores neste campionato, iso sí, os tres de altísimo nivel, tal como se demostrou ao final. Estes xogadores foron Xenxo Salgueiro, Javier Alonso e a xogadora Julia López, esta última vixente Campeona de España en categoría absoluta feminina.A participación de Julia nestes campeonatos débese a que o reglamento dos mesmos perminten a participación mixta, dahí que Julia tivo a oportunidade de medirse ao resto dos participantes, todos de categoría masculina. Hai que decir que no xogo de bolos, polo menos nas categorías inferiores, non se nota tanto a diferenza entre homes e mulleres, xa que os perfís físicos inda non está totalmente definidos.

 Categoría individual: A participación de Julia foi excelente, chegando a semifinais, sendo batida polo seu compañeiro de equipo Javier Alonso. Inda así, na pelexa pola 3º posto, Julia impúxose ao actual campión galego da categoría Ismael Torres. A final enfrentou a Javier Alonso enfrentouse a Cristian Prieto do Club Frouxais de Ourense, quen finalmente se acabou impoñendo. Pero bueno, o segundo posto de Javier e o 3º de Julia consideramos que é un éxito extraordinario dado o nivel dos participantes. Nesta categoría individual tamén particpou o noso xogador Xenxo Salgueiro, pero os nervos desta súa primeira participación no Campeonato de España fixeron que non puidera clasificarse entre os 8 primeiros.

bolitosrrre

Categoría por parellas.-  Pero bueno, Xenxo desquitaríase no campeonato por parellas, onde formou parella coa súa compañeira de equipo Julia López, proclamándose brillantemente campións de España por parellas, impoñéndose por un rotundo 4-0 e 4-1 na final. Pola súa banda, Javier Alonso, formando parella con Iker Alonso, acadou o 3º posto final por parellas.

   En fin, un fin de semana redondo para o Club.