Concurso Fotografía Medioambiental 2020

Acta do xurado do VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, A Súa Costa e o Seu Mar”

    En Xove, a 1 de outubro de dous mil vinte, sendo as 12:00 horas, reúnese no despacho do Técnico Municipal de Cultura o Xurado do VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar” organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado polos fotógrafos xovenses Dº Santos Cordovilla Rodríguez e Dº Guillermo de Pazos Sánchez do Colectivo de Fotógrafos de Xove, e o fotógrafo e pintor Dº Enrique Toral Orbea, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro.

   Procedemento de avaliación:

   Antes de comezar a avaliación das distintas fotografías presentadas, o Secretario procedeu a numerar polo exterior os sobres presentados, realizando unha correlación en orde ao seu rexistro de entrada no Concello. De seguido, o Secretario foi abrindo os sobres, un por un, comezando polo nº 1 e seguindo a correlación anterior. A continuación, os membros do xurado foron visionando e avaliando as fotografías dos traballos presentados na orde citada. Unha vez que o xurado tivo decidido cales foron as fotografías merecedores dos premios convocados, por parte do Secretario, e tendo en conta as “fichas de autoría”, procedeuse a porlle nome aos autores/as das fotografías premiadas.

1º premio -  COÍDO - Emilio Pérez Vázaquez2

   Rematado o proceso de avaliación, o Xurado acorda conceder os seguintes premios:

Premiados:

   E para que conste aos efectos oportunos, unha vez rematado o traballo de selección dos premios, asinamos a presente Acta en Xove, sendo as 14:00 horas do un de outubro de dous mil vinte.