ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE CARETAS DE ENTROIDO 2024

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove,  puxo en marcha a  comezos de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS DE ENTROIDO.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

ENTREGA PFREMIOS CONCURSO DE CDARETAS ENTROIDO

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.Hoxe pola mañá, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:

Os premiados/as nesta edición 2024,  foron:

1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

      1º Premio: (REX. Nº 21 ) XARE GONZÁLEZ CELAYA.

      2º Premio: (REX. Nº 19) MARÍA GARCÍA VAL.

      3º Premio: (REX. Nº 17)  ZOE SIERRA ESCOBAR.

   2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:

      1º Premio: (REX. Nº 1)  ANAÏS ROMERO SUÁREZ.

      2º Premio: (REX. Nº 33) MARÍA MOREIRA REGO.

      3º Premio: (REX. Nº 38) CELIA MASEDA PEÑA.

   3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:

      1º Premio: (REX. Nº 11)  JESÚS LÓPEZ FRANCO.

      2º Premio: (REX. Nº 2) DAVID BURGOS PELOCHE.

      3º Premio: (REX. Nº 31) GABRIEL MIRAMONTES ATANES.     

   4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:

      1º Premio: (REX. Nº 22) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.

      2º Premio: (REX. Nº 35) BLANCA CASARIEGO MARIÑO.

      3º Premio: (REX. Nº 10) ÁLVARO GARCÍA CASABELLA.

   5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:

      1º Premio: (REX. Nº 23) CARLA CASABELLA PUÑAL.

      2º Premio: (REX. Nº 24) MARCOS MARIÑO FERRERÍA.

      3º Premio: (REX. Nº 18)  PAULA SÁNCHEZ PERNAS.