Conta_Contos para os cursos de infantil no Colexio
Onte, venres 19 de decembro, ás 11:00 horas na Biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, os 47 nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil do Colexio disfrutaron dun CONTACONTOS, que durante unha hora os estivo deleitando coas súas historias. O contacontos pertence á empresa de espectáculos Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais.
Esta actividade, que foi patrocinada polo Concello de Xove, foi coordinada pola ANPA de Xove e contou coa colaboración do propio Colexio.
CONTACONTOS201