Exposición de Tony Mendaña en Xove
O pasado venres 17 de decembro o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, inauguraba a Exposición de TONY MENDAÑA na Sala de Exposición da Oficina Municipal de Turismo. Como ampliación da información desta exposición decir que o horario de apertura é o seguinte: -A Exposición vai estar aberta dende o 17 ao 30 de decembro. -Horario de apertura: De 11:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 20:00 horas. A exposición vai estar pechada o sábado 25 de decembro e o domingo 26 pola mañá. A exposición está composta por 31 obras, todos óleos, dentro dos cales predominan as paisaxes, sen abandonar outros temas. Para unha maior información, adxunto os programa de man (en formato JPEP) da exposición. Tamén adxunto dúas fotografías do pintor.
TONY_MENDAA_1