O Concello pide colaboración para Cabalgata de Reis
O Concello de Xove, máis concretamente a Concellería de Cultura, pide colaboración veciñal para Cabalgata de Reis do mércores 5 de xaneiro; concretamente solicítaselle á cidadanía QUE DENDE AS 15:00 HORAS E ATA O REMATE DA CABALGATA NON SE ESTACIONE NA MARXE DEREITA DA AVENIDA DEPUTACIÓN (EN DIRECCIÓN A VIVEIRO), DENDE A PIZZERÍA "NEW BURGUER" ATA O "BAR A ESQUINA".
Con esta petición, dende a Concellería de Cultura preténdese mellorar o paso da Cabalgata, dado que as carrozas e o público asistente disporán de máis espazo, uns para desfilar e os outros para presenciar o desfile.
Dende o Concello quérese dar as grazas anticipadas a toda a vecindade e pedir disculpas polas posibles molestias que se puidesen causar.