Mañá comezan as Festas de Lago
Mañá, venres 8 de xullo, van comezar as FESTAS PARROQUIAIS DE LAGO, no Concello de Xove, cunha GRAN SARDIÑADA a partires das 8 DA TARDE NO CAMPO DA FESTA, e á que están invitados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias; Para os que non o saiban, estamos a falar dunha das mellares sardiñadas que actualmente, e dende moitísimos anos, se organizan na Provincia de Lugo.
Como continuación da Sardiñada, unha gran verbena coa orquestra “ESTRELLA” e outra agrupación musical.
Xa o sábado 9 de xullo, DIA ADICADO Á VIRXE DO CARME, pola mañá teremos unha Misa Solemne e sesión vermú a cargo de “ATENAS”. Xa pola noite, verbena coas orquestas “ATENAS” e “PANAMÁ”.O domingo 10 de xullo, DIA ADICADO Á SAN ANTÓN, teremos pola mañá Misa Solemne e sesión vermú a cargo de “TROLE”. Xa pola noite, para rematar a Festa, a orquestra “TROLE” será a encargada da Verbena.