ACTIVIDADES SAN BARTOLO - XOVE 2012
Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2012, mañá, XOVES 16 DE AGOSTO, teremos as seguintes actividades dentro da denominado
TARDE DE LECER:
- 16.00 Taller de manualidades e reciclaxe en galego. (na aula de formación)
- 19.00 Cine infantil: Kung Fu Panda
- 22.00 Cine Xuvenil: John Carter.- No salón de Actos do Centro Civico
Todas estas actividades (taller de manualidades e cine) son de carácter totalmente libre e gratuito, polo que aproveitamos para invitar a tódolos nenos/as e rapaces/as a participar nas mesmas.