Convocatoria praza Auxiliar Administrativo para a OMIX

 Por Resolución de Alcaldía de data 24/09/2016, foi aprobada a convocatoria de selección e provisión dunha praza de auxiliar administrativo ( Persoal Laboral Interino ), polo sistema de concurso-oposición. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:

---> MODELO DE SOLICITUDE ------<---

     BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL INTERINO    

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto regular a selección e contratación de un (1) empregado laboral interino mediante o sistema de concurso oposición, para ocupar temporalmente unha praza do subgrupo de clasificación profesional C2 que se destinará a desempeñar o posto da RPT municipal con Código Identificativo 48 “ PERSOAL XUVENTUDE”. A referida praza atopase vacante pola situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular por un año da titular Dona María José Alonso Galdo, extinguíndose automaticamente no mesmo momento da reincorporación ao seu posto da titular do mesmo.

O posto citado reflectido na RPT municipal co código 48, ten encomendadas as seguintes tarefas máis habituais:

SEGUNDA.- NORMATIVA DE APLICACIÓN.- A selección rexiráse polas prescricións contidas nesta convocatoria específica e, naquelo que non se prevea, polo disposto:

Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ( EBEP ), aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de octubro

TERCEIRA.- MODALIDADE DO CONTRATO.- A modalidade do contrato é de interinidade regulada no art. 15.1.c do ET..- O carácter do contrato é en réxime de dedicación normal a tempo completo e a xornada de traballo será de 37,5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual; distribuídas no horario de apertura do Centro de luns a sábado (ámbolos dous días incluídos) mañas e tardes.

CUARTA.- CONDICIONS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.- Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no EBEP e na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia: