Actividades do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE XOVE

Onte, día 23 de novembro, o Concello de Xove conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa organización de dúas actividades. As 20:00 tivo lugar un partido de fútbol sala mixto no pavillón de deportes no que participaron 30 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 12 e 16 anos. A continuación gardouse un minuto de silencio na praza do Concello como mostra de repulsa contra a violencia.

Estas actividades foron organizadas pola Oficina de Información Xuvenil e as Concellerías de Xuventude e Igualdade. O Concello de Xove quere agradecer un ano máis a participación de veciños e veciñas nestes actos a favor da igualdade.

 20181123 202013