Celebrado Torneo de Play “Pro 2010”

O pasado venres 2 de xullo, na Oficina Municipal de Información Xuvenil, celebrouse o TORNEO DE PLAY “PRO 2010”.
No mesmo particparon 14 rapaces. Os gañadores do Torneo foron Óscar Pérez e David Naya, quens recibiron da Concelleira de Xuventude Ana Abad un premio consistente nunha tenda de acampada para cada un.
Esta actividade, desenvolvida pola Concellería de Xuventude, forma parte da Programación de “Verán Xuventude 2010”.