Festa do Samaín / obradoiros oratoria na OMIX

FESTA DO SAMAÍN EN XOVE

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove estase a organizar a FESTA DO SAMAÍN, que se levará a cabo os días 28 e 29 de outubro en horario de 16:30 a 19:00 horas. Nesta festa poderán participar os rapaces e rapazas do concello de idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos.  O Programa desta Festa é o seguinte:

 OBRADOIRO SOBRE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL

O 11 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar na OMIX  o obradoiro " TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL" , da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e 30 anos. Os contidos desta actividade son, entre outros, o arte de falar en público, a confianza e seguridade persoal e a elaboración e exposición de discursos ou traballos para súa exposición en público. As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ata o día 8 de novembro. As persoas participantes terán dereito a un diploma de asistencia, homologado pola Xunta de Galicia.