O Concello de Xove fomenta o empresariado local en galego

O Concello de Xove está desenvolvendo unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral. Nestas datas, fanse máis visibles os seus resultados.

Este proxecto contou con  dúas accións:

-Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación.

-Campaña de agasallos:Curso de paquetería en galego. Este curso impartiuse desde o 30 de setembro ata o 17 de outubro e tiña como obxectivo formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove.

Imaxe única na presentación de agasallos en todos os comercios do municipio. Todos os comercios están a empregar a mesma imaxe para a paquetería de Nadal, para iso o Concello editou un papel de embalaxe no que figuran as seguintes frases: Xove, comercio local, agasallos, en galego enténdote. Tamén repartiu, en colaboración coa ACIAM, os mesmos materiais decorativos necesarios para presentar un agasallo de maneira atractiva e única.

Postal de Agasallos. O Concello deseñou unha postal para agasallar ás persoas consumidoras das empresas do municipio.

Carácter innovador: Trátase dunha campaña innovadora, xa que é a primeira vez que todos os comercios locais envolven da mesma maneira os paquetes de agasallo.

Potenciación do empresariado local:

O Concello de Xove quere promocionar as empresas locais recordando que nestas datas unha boa parte dos agasallos de Nadal se poden mercar no comercio xovense, porque está convencido de que sustentan parte da nosa economía e xeran emprego e riqueza.

Mercar produtos e contratar servizos nas empresas locais ten os seguintes motivos e razóns: