Visitas guiadas .........2019

ESTA FIN DE SEMANA ÚLTIMAS VISITAS GUIADAS EN EMBARCACIÓN Á ILLA DE ANSARÓN DESDE O PORTIÑO DE MORÁS

Trátase da experiencia estrela da costa xovense, que o Concello de Xove organiza dentro do proxecto Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar que financia o GALP MARIÑA ORTEGAL. Este 8888proxecto trienal remata esta ano polo que esta travesía será a última da tempada, e para a que só quedan 8 prazas o domingo 11 ás 10:00 da mañá.
As Visitas, coordinadas por EMARELA e operadas por MAREMASMA, saen desde o Portiño de Morás o sábado 10 ás 16:00, 17:30 e 19:00 e o domingo 11 ás 10:00, 11:30 e 13:00, é necesario reservar a través da web do proxecto mirandoaomar.xove.es e pagar unha fianza de 30€, que se devolverá unha vez finalizada a visita.
A embarcación sae do Portiño de Moras bordeando os Cantís de Papel e a Illa de Ansarón curzando entre as Salseiras antes de voltar a porto. A bordo, o educador ambiental Diego Vázquez Miramontes irá descubrindo o ecosistema e a biodiversidade da zona: realizará unha breve introdución ao tránsito das baleas pola costa cantábrica, faranse avistamento das aves que habitan os cantís de Morás (de papel) e as colonias de gaivotas e cormoráns que viven en Ansarón e farase especial fincapé no percebe e o polbo (protagonista das dúas festas gastronómicas que integran o proxecto). A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
A organización recomenda levar unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellan un pantalón longo e un cortaventos porque no mar sempre refresca. Así como se se ten tendencia ao mareo valorar tomar unha pastilla antimareo media hora antes da visita.
 Hint
Organización: FABIÁN BEN CONDE .- 618963961 Concello de Xove: Rosa Lage 982592001