REACTIVA-XOVE -->Axudas a autónomos e microempresas afectadas polo COVID-19

                       O Concello destina 100.000 euros, ampliables, a axudar a autónomos e microempresas

índice1.500 euros para cada negocio de Xove que pechou polo covid-19 e 750 para o que perdeu un 40 % 

Unha «situación excepcional» como a crise do coronavirus require medidas extraordinarias como as adoptadas polo goberno municipal para axudar a autónomos e microempresas (de menos de dez empregados). Tardaron máis do que quixesen porque deberon solicitar autorización para destinar polo menos 100.000 euros a compensar o golpe económico da pandemia, tanto en negocios obrigados a pechar como nos que continuaron en activo pero perderon polo menos o 40 % de facturación respecto dos seis meses anteriores ao estado de alarma.«É un esforzo importante co que queremos axudar non posible ás nosas empresas»
Cada unha das que non puideron traballar polas restricións da pandemia percibirá 1.500 euros, mentres ás que mantiveron a súa actividade e ingresaron menos as compensarán con 750 euros.

A maiores, tanto ás que pecharon como ás que seguiron abertas, axudaranas con 600 euros por cada traballador que non enviasen a ERTE (expediente de regulación temporal de emprego). Unánime foi o acordo do pleno para destinar 100.000 euros, aínda que se ampliarán, de ser necesario. «Ningunha empresa que cumpra os requisitos quedará sen axuda». Esta mesma semana prevén publicar as bases e abrir o prazo para solicitalas. O procedemento será «sinxelo e simplificado». O obxectivo, pagalas canto antes.