SEMINARIO.... “Ti podes crear a túa propia empresa”.

classmate_128

SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA: “Ti podes crear a túa propia empresa”.
Está aberto o prazo para inscribirse no SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA” que terá lugar o 19 de Abril de 2010 na Aula de Formación do Concello de Xove, das 17:00 ás 20:00 horas.
Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Contidos:
¿Qué necesitamos para montar unha empresa?
O emprendedor:
¿cales son as motivacións que nos levan a emprender?, ¿qué dificultades atoparemos no camiño?, ¿cales son os mitos arredor da figura do emprendedor?.
A idea: ¿cómo podemos xerar unha boa idea empresarial?, ¿cómo podemos efectuar unha primeira avaliación da nosa idea?O Plan de Empresa: ¿Cómo converter a miña idea en empresa? ¿qué necesidades teño e cales son os recursos ao meu alcance?
Fundamentación:
Ti tamén podes ser empresario ou empresaria ao igual que o conseguiron as persoas empresarias das que se vai a falar.
O IGAPE apoia a todas aquelas persoas que, coma ti, teñen ganas de emprender e boas ideas que deberían materializarse nun proxecto de negocio con futuro.
Neste seminario, de 3 horas de duración, descubrirás cómo xurden as ideas empresariais, cómo se poden detectar boas oportunidades de negocio e cómo converter un proxecto nunha empresa.
Coñecerás ademais de primeira man a testemuña dun empresario de Xove que contará a súa aventura empresarial: O Centro de Fisioterapia Xove.
¿Necesitas un impulso?. Ven e aproveita os recursos que poñemos a disposición de emprendedores coma ti.
Asistentes:
O único que se considera imprescindible para asistir a este SEMINARIO é ter interese polo xurdimento de propósitos empresariais, polo que non é necesario dispor dunha idea previa.
Considerase a asistencia a este seminario moi útil para persoas emprendedoras, alumnas de Accións de Formación (especialmente alumnado de últimos cursos de Formación Profesional), profesoras de orientación laboral, orientadoras, beneficiarias de Programas de Fomento de Emprego, desempregadas,...
O número de prazas é limitado e expedirase certificado de asistencia.
Información e inscricións: 982592001 – Departamento de emprego e desenvolvemento local.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.