Entrega de Diplomas en Xove

Onte,  20 de setembro, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a entrega de diplomas as persoas alumnas pertencentes aos cursos subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO e CAMAREIRO DE RESTAURANTE-BAR correspondentes ao ano 2009, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro acompañado da axente de emprego e desenvolvemento local, Rosa Lage.
Os citados cursos desenvolveronse nas distintas dependencias municipais e contaron diariamente coa asistencia de 16 persoas alumnas por curso que superaron o desenvolvemento das accións formativas con éxito.
ENTREGA20DIPLOMAS