o Concello adquire unha nova desbrozadora para o departamento de obras

O Departamento de Obras do Concello ven de adquirir unha desbrozadora de brazo lateral recto, a cal se acopla a un tractor desbrozador. Esta nova desbrozadora, lóxicamente, sustitúe a unha vella que xa finalozou a súa vida operativa. Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do encargado de personal de obras, estivo vendo “in situ” o funcionamento desta nova desbrozadora, podendo comprobar unha mellora de prestacións respecto á vella; unha das melloras sinaladas é o  maior alcance do brazo, que vai permitir rozar máis e mellor, e tamén chegar a zonas onde a vella non podía.

O investimento realizado nesta máquina foi de 40.000 €uros, séndolle adquirida á empresa Agrícola Curtis S.L. Desta cantidade total, o noso Concello aportou 12.000 €uros, correspondendo os restantes 28.000 €uros a unha subvención da Consellería de Presidencia, concretamente a liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinada a entidades locais de Galicia, que ven recollida nunha orde do pasado 13 de maio e que saiu publicada no DOG do 16 de maio deste ano.