Telefónica leva INTERNET ós Núcleos Rurais do Concello

O director de Telefónica en Galicia visitou hoxe o concello para explicar as melloras introducidas trala conclusión do Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de mil setecentos veciños de Xove poden acceder xa á Internet de calidade trala conclusión neste concello, por parte de Telefónica e dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, dos traballos de despregamento da tecnoloxía UMTS-3G.
Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de O Alto de Gago, Ancil, A Áspera, A Barxa, As Casas Longas, A Torre, Vilar, As Cancelas, Gondar, As Hedradas, O Loureiro, As Penas Agudas, O San Salvador, O Soutovello, Vilariño, A Aldea de Abaixo, A Aldea de Arriba, O Barreiro, O Carballo, As Cruces, O Portiño, Canelas, Portocelo, San Cristovo, Vilachá, Vilapol, A Abelá, O Canaledo, Cornide, Os Cortellos, Ferrol, Labradela, Lamas, O Pazo, Pazos, A Ponte do Carro, O Pradovello, Regosangüento, San Vicente, Soutorredondo, O Torrillón, Ventoselle, Vila, Vilela, Albarán, A Cabandela, O Cabo, Fontaíña, As Fontes, Xanarde, O Lagar, A Lagoela, Lodeiro, As Poceiras, A Torre, A Rocha, A Aceveda, O Bargo, Cabo de Vila, Camba, Campo Susao, Castelo, Ceranzos, O Cruceiro, Fontao, Illade, Os Loureiros, Pena, Pereiraboa, Prada, Reboredo, Toimil e A Vara.
En todos eles pódese acceder xa á Internet con velocidades de 7 megas. É unha oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta.
O director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, trasladou hoxe os detalles do despregamento ao alcalde do municipio, Demetrio Salgueiro. Ambos compareceron posteriormente ante os medios para dar conta dos resultados obtidos polo plan en Xove.
Tecnoloxía 3G .-A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, a cobertura de datos en mobilidade mellorou sensiblemente no entorno dos devanditos núcleos de poboación, puidendo ser activada nalgúns casos por primeira vez. Para elo, Telefónica puxo en servicio dous novas estacións base en Xove, unha en Xuances e outra en As Cancelas, e dotou con tecnoloxía UMTS-900 as outras tres xa existentes en Camposusao, Xove e Mandela. A estas habería que sumar as de Penedo, O Castelo ou Leiro, que a pesar de estar en concellos limítrofes, tamén dan cobertura ao municipio.

O despregamento en Xove forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, ten como obxectivo facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas.

Máis cobertura na comarca .- No conxunto da comarca de A Mariña, Telefónica facilitou xa o acceso a Internet a máis de oitocentos cincuenta núcleos de poboación de catorce concellos -Alfoz, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Trabada, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro y Xove-, o que supón que un total de 11.511 habitantes poidan actualmente conectarse a rede. Para elo, a Compañía conta con corenta e tres estacións con tecnoloxía UMTS-900 na comarca, as que habería que engadir oito máis previstas para entrar en servicio este ano.

Coa finalización do plan, Telefónica dotará de cobertura na Mariña a un total de 1.020 núcleos de poboación, o que beneficiará a 12.273 habitantes.

Máis do 97% dos galegos con acceso a Internet grazas ao Plan

O Plan de Banda Larga permitiu o acceso á Internet a máis de 710.000 galegos que carecían de cobertura en 2010. Grazas aos despregamentos do Plan a porcentaxe de poboación con cobertura pasou do 71% en 2009 ao 97% a día de hoxe.

A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. En 2010 a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico era do 20%, e grazas ao plan esta porcentaxe diminuiu en 2012 ata un 3,5%.