Melloras realizadas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove

    De todas as instalacións sociais, deportivas e culturais do Concello, seguramente o Pavillón Municipal de Deportes sexa, senón a máis usada, si unha das máis utilizadas para realizar actividades de todo tipo. Asociacións e clubs danlle un uso regular e intensivo, ao cal temos que sumarlle a realización de cursos, clinics e eventos varios ao longo de todo o ano. Lóxicamente, o uso intensivo produce un desgaste nos distintos materiais que componen a instalación. Non podemos olvidarnos que é unha instalación con máis de 30 anos de funcionamento pleno. Debido a isto, por parte do Concello procedeuse nos últimos meses a realizar unha serie de obras interiores e exteriores no Pavillón co fin de polo ao día.

mellora3

Tres foron as cuestións abordadas nos últimos meses no pavillón:

   Sustitución da cuberta de policarbonato.- Esta estaba en mal estado, e ademáis o último temporal de febreiro provocou que moitas chapas quedaran soltas ou con froxedades, provocando goteiras e desperfectos nas madeiras, impedindo un bó desenvolvemento das actividades. Debido a isto, procedeuse á sustitución das chapas por outras novas, traballos que foron realizados pola empresa Evox Vertical. O custo desta actuación foi de 45.113,64 €uros.

Mellora do aislamento acústico e térmico.- Primeiro procedeuse á retirada do aislamento existente, o cal foi sustituido por un panel de fachada tipo sándwich, fabricado con lana de roca de 50 mm de espesor, con cara interior microperforada, o cal proporciona absorción e aislamento acústico, e mellora o comportamento frente ao fogo e o aislamento térmico. Obra realizada por Iam Rumbo Instalaciones y Obras S.L. . O custo desta actuación foi de 45.252,87 euros.

   Instalacións de novas redes de protección nos fondos.- As vellas estaban moi deterioradas, moi estiradas e con múltiples roturas. A empresa que se encargou de sustituir as redes, as cales ocupan totalmente os dous fondo do pavillón, foi Instalaciones Bahiapark. O custo desta actuación foi de 6.031,85 €uros.

   Como resumen, o investimento total realizado nas tres actuacións do pavillón foi de 96.398,36 euros, financiados integramente polo noso Concello.