Avespas asiáticas xigantes en Xove

Un novo niño de avespas con máis dun metro de diámetro atopouse en Xove;  este xa estaba situado entre varias ramas dunha árbore a unha altura de entre «quince e dezaoito metros», polo que foi preciso mobilizar «unha oruga elevadora» para achegarse a el.

Parece ser que as poboacións deste insecto están a entrar «por Francia», polo que o servizo de urxencias, ante a preocupación dos apicultores da zona, estableceu contacto cos Bombeiros de Navarra e está a aplicar o mesmo protocolo que eles utilizan para combater a praga, pero adaptado «ás condicións» desta comarca.  

Os expertos din que «o sector apícola está moi preocupado», porque «a praga se está estendendo» e ataca con virulencia ás abellas, con perdas moi importantes para os produtores de mel.

 Cabe reseñar que á hora de actuar contra estes insectos hai que proceder con especial «coidado», porque «oito ou dez picaduras desa avespa obrigan a unha ingreso hospitalario».