XV Chocolatada do Día Internacional da Muller

Nesta ocasión, no acto conmemórase o Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos. O Encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local.

CARTEL CHOCOLATADA 2024