ACD'Xove .- Sendeirismo pola Costa de Xove (clausura da tempada)

Este domingo día 10, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, realizou a Ruta Clausura de Tempada-2013. O Grupo formado por 90 Sendeiristas , e nesta ocasión acompañados polo Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo Cristina Iglesias, desprazaronse ata a aldea de Vilacha, onde deron comezo a unha espectacular Ruta da Costa de Xove. A saída de Vilacha fixose as 9:30h. da mañan, e despois de percorrer preto de 16 km. chegaron o Cabo de Morás sobre as 14:00h. da tarde. 

O Grupo tuvo a ocasión de disfrutar dun dia estupendo para o sendeirismo, asimesmo dunha Costa que ten una enorme beleza natural, pois debido os grandes acantilados  e o mar de fondo existente, con forte oleaxe, poideron verse unhas imaxes espectaculares.
Despois da andaina, o Grupo degustou un gran Cocido Galego, ofrecido polo Restaurante A Cancela de Morás.