Plaia de Esteiro:Bandeira Azul 2020

A Praia de Esteiro, que ininterrumpidamente  dende  1999 ven disfrutando da Bandeira Azul, luce dende este pasado sábado 11 de xullo a nova enseña; esta foi izada polo alcalde Demetrio Salgueiro, quen estivo acompañado das concelleiras de turismo (Cristina Iglesias) e medio ambente (Cecilia Duarte), así como por varios dos socorristas que traballan na campaña deste ano.

Xunto coa Bandeira Azul, foi izada a bandeira de PRAIA SEN FUME, a cal forma parte dunha campaña coa que se pretende librar de malos fumes as nosas praias.  Con isto  animamos  aos fumadores a deixar de fumar e facilitamos que os distintos usuarios da praia disfruten dun entorno e un aire máis limpo. Sen dúbida, un aliciente máis para visitar Xove e disfrutar dunha das praias máis bonitas de toda a costa galega.