Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Presentación de ... "ESCAPARATE DE XOVE"
09/Outubro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
ESCAPARATE DE XOVE é unha plataforma que unirá todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.
Onte no Salón de Actos tivo lugar unha reunión de traballo presentada polo Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa e na que Ruth Paz, directora técnica da empresa PROCAT explicou as caracteristas, funcións, utilidades e a forma na que rexistrarse na plataforma.
ESCAPARATE DE XOVE nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización que ten como obxectivos:
- Amosar á clientela as vantaxe do consumo local que ofrece o noso empresariado
- Impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet
- Facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego
- Atraer a novas iniciativas empresariais
TODAS AS EMPRESAS E PROFESIONAIS DO MUNICIPIO poden formar parte desta plataforma, para obter máis información deben poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.
O próximo día 20 de outubro estará en funcionamento e desvelaremos todo o seu contido
CONTACTO: Rosa Lage, AEDL do Concello de Xove (982 59 20 01 –Ext: 246).
ITV VEHICULOS AGRÍCOLAS 2020
07/Outubro/2020
Delegación de Agricultura
-
O XOVES 5 DE NOVEMBRO DE 2020, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil (Xove).
HORARIO: 9:00 h a 13:30 h ---- 15:15h a 18:00h.
-
- PODE SOLICITAR CITA PREVIA: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
Revisión do Inventario de Camiños Municipais
05/Outubro/2020
CONCELLO DE XOVE
-
BANDO
D. JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde Presidente do Concello de Xove
Polo presente comunicase que o vindeiro venres día 9 de octubro de 2020, entre as 9:00 e as 14:00 da mañana, o persoal da empresa PROCAT INGENERIA Y MEDIOAMBIENTE encargada da realización dos traballos de REVISIÓN DO CATÁLOGO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS INCLUÍDOS NO INVENTARIO DE BENS E DEREITOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, estarán ao dispor de todos os veciños/as de Xove no Salón de Plenos da Casa do Concello ós efectos de facilitar calquera información que sexa solicitada, resolver dúbidas e mesmo recibir suxerencias sobre o traballo realizado.
Como consecuencia do protocolo COVID 19 prégase que os veciños/as interesados comuniquen telefónicamente a súa intención de asistir ( 982 592001 ) ós efectos de asignarlles unha hora concreta a fin de evitar aglomeracións.
O ALCALDE,
Campionato de España Xuvenil de Bolos
22/Setembro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O club de Bolos Xove sigue en racha.---> A finais de agosto pasado celebramos os éxitos do Club de Bolos Xove no Campeonato de España Femenino. Pois ben, continuando con esta racha victoriosa, o Club de Bolos Xove acaba de conseguir uns excelentes resultados na categoría Xuvenil no Campeonato de España celebrado este pasado fin de semana, concretamente os dias 19 e 30 de marzo, na localidade asturiana de Navelgas.
O Club de Bolos Xove só participou con 3 xogadores neste campionato, iso sí, os tres de altísimo nivel, tal como se demostrou ao final. Estes xogadores foron Xenxo Salgueiro, Javier Alonso e a xogadora Julia López, esta última vixente Campeona de España en categoría absoluta feminina.A participación de Julia nestes campeonatos débese a que o reglamento dos mesmos perminten a participación mixta, dahí que Julia tivo a oportunidade de medirse ao resto dos participantes, todos de categoría masculina. Hai que decir que no xogo de bolos, polo menos nas categorías inferiores, non se nota tanto a diferenza entre homes e mulleres, xa que os perfís físicos inda non está totalmente definidos.
Categoría individual: A participación de Julia foi excelente, chegando a semifinais, sendo batida polo seu compañeiro de equipo Javier Alonso. Inda así, na pelexa pola 3º posto, Julia impúxose ao actual campión galego da categoría Ismael Torres. A final enfrentou a Javier Alonso enfrentouse a Cristian Prieto do Club Frouxais de Ourense, quen finalmente se acabou impoñendo. Pero bueno, o segundo posto de Javier e o 3º de Julia consideramos que é un éxito extraordinario dado o nivel dos participantes. Nesta categoría individual tamén particpou o noso xogador Xenxo Salgueiro, pero os nervos desta súa primeira participación no Campeonato de España fixeron que non puidera clasificarse entre os 8 primeiros.
Categoría por parellas.- Pero bueno, Xenxo desquitaríase no campeonato por parellas, onde formou parella coa súa compañeira de equipo Julia López, proclamándose brillantemente campións de España por parellas, impoñéndose por un rotundo 4-0 e 4-1 na final. Pola súa banda, Javier Alonso, formando parella con Iker Alonso, acadou o 3º posto final por parellas.
En fin, un fin de semana redondo para o Club.
Reapertura da Piscina Municipal
04/Setembro/2020
CONCELLO DE XOVE
-
* REAPERTURA POSTCOVID-19 PISCINA MUNICIPAL DE XOVE *
DIA: Luns día 7 de Setembro.
SERVIZO: Baño Libre, por franxas horarias.
FORMA DE ACCESO:
- Reserva con Cita Previa (por teléfono).
- Reserva con Cita Previa (presencial)
- Máximo 1 reserva persoa/día
Normas da Solicitude de Reserva:
- Só para o día seguinte (luns a venres)
- Venres pola tarde e sábado pola mañá para o luns seguinte.
- Sempre que haxa prazas libres, poderase acceder a instalación, ainda que xa dera comezo o turno.
TELEFONO DE RESERVAS E HORAS DE ATENCIÓN:
609 13 43 20 (DE 10:00h a 13:30h / 16:30h. a 21:30h)
FRANXAS HORARIAS: (Luns a Venres)
- Sesión de mañá: 9:30h. ----- 11:00h. ----- 12:30h. (péchase as 14:00h.)
- Sesión de tarde: 16:00h ----- 17:30h. ----- 19:00h. -----20:30h. (péchase as 22:00h.)
- Sábados(sesión mañá): 10:00h. ----- 11:30h. ----- 13:00h. (péchase as 14:00h.)
Nº de USUARIOS POR FRANXA:
- Mínimo 12 persoas (de forma individual)
- Máximo 15 persoas (con un núcleo familiar)
DISTRIBUCIÓNS EN VESTUARIOS:
- A: 4 persoas
- B: 4 persoas
- C: 3 persoas
- D: 1 persoa ou Núcleo familiar 4 persoas.
NORMAS COVID-19:
- Uso obrigatorio de mascarilla en toda a instalación.
- Uso de xél hidroalcohólico.
- Distancia interpersoal de 2 m.
- Desprazamentos en pasillos pola dereita.
Nova convocatoria de Plaza de Traballador/a Social Interino
04/Setembro/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
A celebración das probas da Fase de Oposición terá lugar ás 10´00 horas do día 9 de setembro de 2020, mércores , na Aula de Formación do Concello de Xove ( Camino Real s/n – Xove ) debendo os participantes comparecer no lugar designado 30 minutos antes, ás 9´30 horas, do inicio das probas provistos do DNI e de bolígrafo/s non permitíndose a utilización de ningunha outra clase de material durante a celebración das probas.
Cinco minutos antes do inicio das probas se efectuará un último chamamento. Aqueles participantes que non estiveran presentes quedarán automática e irrevocablemente excluídos.
SITUACIÓN DA AULA DE FORMACIÓN DONDE SE CELEBRÁN AS PROBAS...... EN FRENTE Á RESIDENCIA SAN BARTOLOMEU DE XOVE
CAMPEONAS DE ESPAÑA DE BOLOS
02/Setembro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hai uns días celebrabamos o éxito da xovense Antía Castro no Campeonato de España de Gigante de patinaxe alpino, agora temos que seguir celebrando os éxitos do deporte ferminino xovense.
Agora son as deportistas do Club de Bolos Xove as que nos acaban de dar unha gran satisfacción coa súa actuación no Campeonato de España Femenino de Bolos celebrado o pasado fin de semana, concretamente os dias 29 e 30 de agosto, no parque da Cachada en Boiro.
Inda que o Club se desprazou cun pequeno grupo de xogadoras, debido a unha serie inoportuna de lexións dalgunhas tiradoras, os resultados non puideron ser máis satisfactorios.
Debido ao Covid-19 só se pudieron celebrar dúas categorías. Os resultados nas mesmas foron os seguintes:
CATEGORIA INDIVIDUAL |
CAMPEONA |
JULIA LOPEZ |
CLUB DE BOLOS XOVE |
|
|
SUBCAMPEONA |
PAULA LOPEZ |
CLUB DE BOLOS PORTOMEAN |
|
TERCEIRA |
LARA RODRIGUEZ |
CLUB DE BOLOS XOVE |
|
|
CUARTA |
BLANCA LAGO |
CLUB DE BOLOS ESTIVADA |
|
|
|
|
|
|
|
CATEGORIA PARELLAS |
CAMPEONAS |
LARA RODRIGUEZ (CB XOVE)-PATRICIA GONZALEZ (CB PORTOMEAN) |
SUBCAMPEONAS |
PAULA LOPEZ (CB PORTOMEAN) - LAURA REDONDO (CB BOIRO) |
TERCEIRAS |
ROCIO MENENDEZ (CB SERENOS) - BLANCA LAGO (CB ESTIVADA) |
CUARTAS |
JULIA LOPEZ (CB XOVE)-ROSALBA FORMOSO (CB XOVE) |
|
|
|
|
|
|
|
En categoría individual Julia López fíxose co seu segundo Campeonato de España; a tenor do xogo que está a realizar, estamos seguramente diante da dominadora dos bolos nacionais dos vindeiros anos. Julia López, formando parella tamén coa xovense Rosalba Formoso, acadaron tamén un honroso cuarto posto na cateogoría de parellas.
Se o de Julia entra dentro do normal, xa que se trata dunha xogadora completamente contrastrada e cunha trayectoria moi consolidada, a sorpresa veu por parte doutra xogadora xovense, que leva anos participando nas tiradas, inda que dun xeito irregular. Estamos a falar de Lara Rodríguez, membro dunha das grandes dinastías de xogadores dos bolos xovenses; seus avós, seu tío, os seus pais e seu irmán participan regularmente nas tiradas de bolos, ousexa, vive nun ambente e nun entorno deportivo completamente relacionado cos bolos. Nesta tirada de Boiro destacouse como unha gran xogadora, e formando parella co Patricia González do CB Portomean, consigueu o Campeoanto de España por parellas. A este gran trunfo añadímoslle o terceiro posto final no Campeonato de España Individual, entorchado que lle supuxo un fin de semana máxico e que, sen dúbida, vai darlle moitos pulos para seguir neste deporte e seguir crecendo como xogadora. Xunto con Julia López, ambas moi xoves, poden formar unha parella de xogadoras dominantes neste deporte nos vindeiros anos.
Pre-Inscripción Escuela de Musica 2020
02/Setembro/2020
CONCELLO DE XOVE
-
prazo de preinscrición para o curso 2020/21 na Escola Municipal de Música do 1 ao 30 de setembro de 2020.
Homenaxe do Concello de Xove á Campiona de España Antía Castro
28/Agosto/2020
Concellería de Deporte e Turismo
-
A campiona de España de Gigante de patinaxe alpino, na categoría U15 damas, Antía Castro foi obxecto hoxe dunha homenaxe por parte do Concello. Antía recibeu de mans do alcalde Demetrio Salgueiro a figura institucional do Faro de Roncadoiro como recoñecemento aos seus trunfos deportivos.
Antía proclamouse Campeona de España (medalla de ouro) na citada categoría o pasado sábado 22 de agosto, nunha competición deportiva celebrada en Bejar -Salamanca.
Pero non foi este o único trunfo de Antía, xa que o domingo 23, tamén en Bejar, quedou 1ª clasificada na 1ª Fase da Copa de España de Slalom de patinaxe alpino. A Antía quédanlle dúas fases que se van a celebrar en Puigcerdá e Villablino nas vindeiras semanas, mantendo serias posibilidades de conseguir tamén algo importante nesta outra modalidade.
Festividade San Bartolo 2020
28/Agosto/2020
CONCELLO DE XOVE
-
LUNES 31 DE AGOSTO DE 2020
FESTIVIDADE DE SAN BARTOLO
AS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS PERMANECERÁN PECHADAS
PADEL & BOLOS SUMOAS
23/Agosto/2020
Concellería de Deporte e Turismo
-
De seguido figuran tanto as instruccións como as solicitudes para facer uso das instalacións deportivas de Padel así como a utilización da bolera de Sumoas cos requerimentos necesarios da crise sanitaria COVID-19.
Concurso TVG. Cantas ou non?
11/Agosto/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Dende a TVG pregaronnos que fixeramos publicidade deste novo concurso para a maior difusión na Mariña Lucense. Si eres ARTISTA, veña, apuntate!
Reserva de praza para novas incorporacións na Escola Municipal De Ximnasia Rítmica para o curso 2020-21
07/Agosto/2020
Concellería de Deporte e Turismo
-
Durante o mes de Agosto estará aberto o prazo para Reserva de praza de novas incorporacións na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, para iso, haberá que cubrir a SOLICITUDE e envialo ou ben ao correo electrónico de Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., tamén se pode entregar directamente no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Xove (horario de 9:00 a 14:00)
Así mesmo, a finais de Agosto e en función da normativa sanitaria vixente no seu momento en relación ao Covid-19 organizaranse as clases de Ximnasia Rítmica. Esta organización será comunicada a todas as persoas inscritas.
-----------> SOLICITUDE <-------------
Prazas limitadas!!!
Axudas ao Estudo do Concello de Xove, nas modalidades de Comedor, Estancia e Transporte do curso 2019/2020
17/Xullo/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para:
- Estudantes de ensinos en centros públicos da Comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.
B) Gastos de estancia para:
- 1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
- 2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na Comarca.
- 3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
- 1.- Estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal.
- 2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
- 3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
- 4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de encinos deportivos, profesionais e superiores.
- 5.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
As axudas recollidas no apartado B) serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade.
As axudas recollidas no apartado C) serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.
- As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.
- A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
-
- Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
- Para axudas de comedor, con limite renta per cápita.
- Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes de bacharelato e de ciclos formativos deberán ter superado como mínimo o 50% das asignaturas matriculadas, e no caso de estudantes universitarios, de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores, o 65% dos créditos matriculados
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR: DO 20 DE XULLO AO 31 DE XULLO DE 2020 Xa están dispoñibles as solicitudes no concello (Rexistro Xeral) e tamén aqui para a descarga e posible envio a través de http://xove.sedelectronica.es (instancia xeral)
DOCUMENTACIÓN BECAS
Plaia de Esteiro:Bandeira Azul 2020
14/Xullo/2020
Concellería de Deporte e Turismo
-
A Praia de Esteiro, que ininterrumpidamente dende 1999 ven disfrutando da Bandeira Azul, luce dende este pasado sábado 11 de xullo a nova enseña; esta foi izada polo alcalde Demetrio Salgueiro, quen estivo acompañado das concelleiras de turismo (Cristina Iglesias) e medio ambente (Cecilia Duarte), así como por varios dos socorristas que traballan na campaña deste ano.
Xunto coa Bandeira Azul, foi izada a bandeira de PRAIA SEN FUME, a cal forma parte dunha campaña coa que se pretende librar de malos fumes as nosas praias. Con isto animamos aos fumadores a deixar de fumar e facilitamos que os distintos usuarios da praia disfruten dun entorno e un aire máis limpo. Sen dúbida, un aliciente máis para visitar Xove e disfrutar dunha das praias máis bonitas de toda a costa galega.
Medidas adicionais contra o COVID-19
08/Xullo/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Por mor do Covid-19, co fin de garantír as máximas precaucións sanitarias, dende o Concello de Xove tómanse as seguintes decisións:
-
- En definitiva, tómanse este conxunto de medidas debido ao brote de covid-19 que temos na Mariña e co fin de axudar á saúde pública, evitando, no posible, que se produzan contaxios, dado que os espazos públicos, pola súa natureza de ser lugares onde se xuntan grupos numerosos de persoas, son susceptibles de ser importantes focos de contaxio.-Cancelar tódalas reservas de espazos públicos (usos de pavillón, salón de actos, ...) ata novo aviso.
- -Cancelar os usos dos espazos públicos deportivos (piscina, campos de fútbol, pavillón, boleras,..) e culturais (salón de actos,..) ata novo aviso. A Biblioteca Municipal, que permanecía aberta ao público con aforo reducido, tamén se pecha ao público ata novo aviso.
- -Péchanse os 2 parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro.
- -Péchanse os baños públicos, concretamente os situados nun lateral do Pavillón de Deportes de Xove.
- O Concello vai seguir aberto, iso sí, con cita previa telefónica para evitar aglomeracións.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|