Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte- Xove 2019
23/Agosto/2019
Delegación de Agricultura
-
Mañá sábado, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
Leer más: Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte- Xove 2019
Clausura de actividades de “Mañáns Divertidas”
23/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Clausura de actividades de “Mañáns Divertidas” e inauguración da exposición dos traballos feitos durante o verán
Hoxe, día 22 de agosto, os 23 rapaces e rapazas participantes nas actividades de “MAÑÁNS DIVERTIDAS”, clausuraron as actividades deste verán e inauguramos a exposición cos traballos feitos. As concelleiras Ana Abad, Dolores Meitín e Cristina Iglesias puideron degustar xunto coas nenas e nenos duns pinchos de despedida. O proxecto “MAÑÁNS DIVERTIDAS” está encadrado dentro do Programa de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Durante os meses de xullo e agosto, tres días á semana (martes, mércores e xoves) organizamos con axuda de voluntarios actividades para nenas e nenos de entre 10 e 16 anos. Este ano no noso Concello acompañáronnos 5 voluntarias: Eva Hermida, Alba Villarquíde, Laura Cuadrado, Sara Martínez e Sofía López.
As actividades levadas a cabo durante este verán son numerosas: Informática. Este ano os participantes aprenderon programación HTML. Cociñarte. As nenas e nenos prepararon un almorzo. Actividades no exterior. Yincanas por equipos, brilé, xogo do pano, etc. Sendeirismo. Fixemos un tramo da ruta dos Muiños. Recuncho de tarefas. Hama beads, marcos de fotos, lapiceros, esgrafiado, puntillismo, pulseiras, etc. Ocio alternativo. Obradoiro de robótica educativa.
Nestas actividades ao tempo de divertirnos tamén reflexionamos sobre a igualdade de xénero, o bullyng e os riscos do mundo cibernético. CONTACTO: DªANA ABAD, CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS E XUVENTUDE TFNO: 625062246 Dª CRISTINA IGLESIAS, CONCELLEIRA DE TURISMO, DEPORTES E XUVENTUDE TFNO: 699328227 Xove, a 22 de agosto de 2019 Asdo.- Silvia Rodríguez Barreiro Técnica Municipal de Xuventude
Pregoeir@s do Concello de Xove
21/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe martes día 20, reuníronse na OMIX a concelleira de xuventude Ana Abad e o grupo de rapaces e rapazas que participan na difusión dos folletos explicativos do entorno natural do Concello de Xove. Con este proxecto “VEXO-XOVE” preténdese dar a coñecer o litoral do noso municipio nos distintos lugares onde cursan os seus estudos.
O Concello de Xove agradece a participación de Alba Balseiro Pinar, Daniel Alonso López, Eva Hermida Quelle, Nerea Cuadrado Cuadrao e Lucía Fernández Peña nesta iniciativa de posta en valor do patrimonio cultural e natural do noso Concello.
X Encontro de Palilleiras
20/Agosto/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O X Encontro de Palilleiras do Concello de Xove terá lugar 5 de outubro no pavillón municipal. Co ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións e vendedores artesanais a que nos acompañen neste día.
As asociacións ou grupos de palilleiras e palilleiras particulares poden confirmar a súa asistencia ao Encontro contactando directamente con Lucía ou Ana (tfno Concello 982 59 20 01) ou enviando por e-mail a súa solicitude.
As persoas interesadas en vender os seus produtos poden facer a inscrición e a reserva do seu posto de venda (máximo 6 metros) enviando a debidamente cumprimentada a solicitude ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
Entenderase admitida a solicitude cando reciba o correo electrónico confirmando a reserva. Pódese dispor de postos formados por taboleiros de 2,50 x 0,80 m. Se así o desexa, no momento de efectuar a súa inscrición deben informar da reserva dun ou dous taboleiros.No caso de reservar metros, a persoa interesada deberá traer as súas propias mesas.
O prazo de inscrición ao Encontro estará aberto desde o día 19 de agosto ao 20 de setembro de 2019.
Programa de Festas ....
14/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
visitas guiadas en embarcación á Illa de Ansarón
13/Agosto/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Novas datas e horarios para as visitas guiadas en embarcación á Illa de Ansarón
A causa do mal tempo e o mar de fondo as visitas dos días 10 e 11 de Agosto foron suspendidas. Realizaranse de novo os vindeiros 24 e 25 de agosto nos mesmos horarios.
Quedan dispoñibles as seguintes prazas:
- Sábado 24 | 16:00 - 17:00 | 2 prazas
- Sábado 24 | 19:00 - 20:00 | 4 prazas
- Domingo 25 | 10:00 - 11:00 | 4 prazas
- Domingo 25 | 13:00 - 14:00 | 2 prazas
A embarcación sae do Portiño de Moras bordeando os Cantís de Papel e a Illa de Ansarón cruzando entre as Salseiras antes de voltar a porto. A bordo, o educador ambiental Diego Vázquez Miramontes irá descubrindo o ecosistema e a biodiversidade da zona: realizará unha breve introdución ao tránsito das baleas pola costa cantábrica, faranse avistamento das aves que habitan os cantís de Morás (de papel) e as colonias de gaivotas e cormoráns que viven en Ansarón e farase especial fincapé no percebe e o polbo (protagonista das dúas festas gastronómicas que integran o proxecto).
A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
Aínda que o ano pasado o tempo e a temperatura acompañaron, a organización recomenda levar unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellan un pantalón longo e un cortaventos porque no mar sempre refresca. Así como se se ten tendencia ao mareo valorar tomar unha pastilla antimareo media hora antes da visita.
Na edición anterior as prazas dispoñibles esgotáronse axiña polo que convén reservar o antes posible.
MÁIS INFORMACIÓN --- Organización: FABIÁN BEN CONDE 618963961
Concello de Xove: Rosa Lage:982592001
Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía
09/Agosto/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O Concello de Xove sumouse o pasado mes de abril ao Pacto de Alcaldes:
Un pacto europeo para o Clima e a Enerxía, polo cal nos comprometemos a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea en Xove, mediante accións que leven á mitigación e á adaptación ao cambio climático.
Paintball 2019
07/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 7 de agosto, ás 16:00 horas, 25 nenas e nenos de Xove de entre 10 e 13 anos, desprazáronse a Galdo acompañados pola técnica de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro, para disfrutar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball.Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Verán Xuventude” .
Programa “Verán Xove 2019 – disfruta con Nós”
07/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa Verán Xove 2019, continuamos con actividades de todo tipo. Imos ver algunhas actividades recentemente celebradas e outras a celebrar en vindeiras datas, todas moi deportivas:
- BOLOS.- Organizados pola Asociación de Festexos a Medorra e o Club de Bolos Xove, coa colaboración do Concello de Xove, desenvolvéronse no Centro Social de Vilachá. Tivemos 2 xornadas, unha para federados e outra iniciática para non federados. Tanto nunha como na outra participaron un bó número de xogodores, tanto en categoría senior (masculina e fiminina), como en categorías inferiores. Salientamos neste sentido, como un dos aspectos máis positivos desta actividade un numeroso grupo de persoas xoves e adultos que se achegaron a este deporte por primeira vez, o que nos crea a esperanza de poder contar con eles en futuras actividades (campionato de bolos do Concello, tiradas do Club de Bolos Xove, etc.).
- PÁDEL NO VERÁN.- Curso de iniciación deportiva a este deporte, tan de moda nos últimos anos. Comezou o pasado 1 de xuño e vai a prolongarse ata o próximo 16 de agosto. Estase desenvolvendo na Pista de Pádel Municipal, anexa á Piscina, e conta con 18 nenos e rapaces inscritos.
- ZUMBA.- Desenvólvese os martes e xoves, en horario de 10:30 a 11:30 h, na Aula Multideportiva do Concello. Comezou o 2 de xullo e vai desenvolverse ata o 13 de agosto. Conta con 21 inscritos.
Ademáis destas actividades que están activas, para os vindeiros días tamén temos varias propostas:
- RUTA SENDEIRISMO “AS PERSEIDAS”.- Vai desenvolverse o luns 12 de agosto, organizada pola ACD Xove. Para inscribirse na mesma hai que facelo na Piscina Municipal (Blanco) ou ben chamando ao 618 976 159, habendo de prazo ata o 9 de agosto. Os que queiran apuntarse que apuren, as prazas son limitadas.
- RUTA NOCTURA EN KAYAKS.- actividade que se vai desenvolver o martes 13 de agosto no Portiño de Morás a partires das 22:00 horas. A inscrición realizarase no lugar da actividade unha hora antes do comezo. Actividade para idades a partir de 8 anos.
Visitas guiadas .........2019
05/Agosto/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
ESTA FIN DE SEMANA ÚLTIMAS VISITAS GUIADAS EN EMBARCACIÓN Á ILLA DE ANSARÓN DESDE O PORTIÑO DE MORÁS
Trátase da experiencia estrela da costa xovense, que o Concello de Xove organiza dentro do proxecto Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar que financia o GALP MARIÑA ORTEGAL. Este 8888proxecto trienal remata esta ano polo que esta travesía será a última da tempada, e para a que só quedan 8 prazas o domingo 11 ás 10:00 da mañá.
As Visitas, coordinadas por EMARELA e operadas por MAREMASMA, saen desde o Portiño de Morás o sábado 10 ás 16:00, 17:30 e 19:00 e o domingo 11 ás 10:00, 11:30 e 13:00, é necesario reservar a través da web do proxecto mirandoaomar.xove.es e pagar unha fianza de 30€, que se devolverá unha vez finalizada a visita.
A embarcación sae do Portiño de Moras bordeando os Cantís de Papel e a Illa de Ansarón curzando entre as Salseiras antes de voltar a porto. A bordo, o educador ambiental Diego Vázquez Miramontes irá descubrindo o ecosistema e a biodiversidade da zona: realizará unha breve introdución ao tránsito das baleas pola costa cantábrica, faranse avistamento das aves que habitan os cantís de Morás (de papel) e as colonias de gaivotas e cormoráns que viven en Ansarón e farase especial fincapé no percebe e o polbo (protagonista das dúas festas gastronómicas que integran o proxecto). A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
A organización recomenda levar unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellan un pantalón longo e un cortaventos porque no mar sempre refresca. Así como se se ten tendencia ao mareo valorar tomar unha pastilla antimareo media hora antes da visita.
Organización: FABIÁN BEN CONDE .- 618963961 Concello de Xove: Rosa Lage 982592001
Aquapark Cerceda 2019
03/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 3 de agosto, ás 9:30 horas, 28 mozas e mozos de Xove de entre 13 e 18 anos, desprazáronse ó Aquapark de Cerceda acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático.
Esta viaxe está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Verán Xuventude”.
Camiñata Nocturna Infantil-Xuvenil (ACDXOVE)
03/Agosto/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dentro das actividades de Ocio Deportivo, promovidas polo Concello de Xove, onte dende ACD.XOVE, organizamos a Camiñata Nocturna Infantil e Xuvenil, na cal participaron 40 nen@s e rapaces-zas.O programa da actividade era: Camiñar pola Senda Costeira de Xove, facer xogos nocturnos por equipos en distintos puntos da ruta, facer observación astronómica de estrelas e constelacions, a través de App. en tablets e mobiles, e o final unha chocolatada con churros e música, no Portiño de Portocelo. Toda unha nova experiencia para os rapaces, que camiñaron mais de 5 km. e disfrutaron dunha espectacular noite de verán.
A próxima actividade nocturna será a noite do día 12 de Agosto, para ir ver a choiva de estrelas Perseidas, ou Lagrimas de San Lourenzo. --> ACD.XOVE
Abre en Xove unha Exposición de Modelismo Naval
02/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este domingo abre en Xove unha interesantísima exposición de modelismo naval. Conformada por 15 barcos de distintas clases e épocas, trátase dun traballo realmente exquisito, froito do talento e de moita paciencia, xa que esta é unha clase de actividade que require moito esforzo e maña, posto que moitas das pezas que conforman os barcos teñen un tamaño mínimo, e deben ser reproducidas coa maior fidelidade posible.
O autor das maquetas é o celeirense Severino Balseiro, que expón por primeira vez en Xove o seu interesantísmo traballo.
Severino, nado en Celeiro en 1955, adícase a esta actividade dende o ano 2000, adicándolle entre 2 e 8 horas diarias a esta actividade. Lóxicamente, trátase dun hobby; Severino está retirado e non cobra por esta actividade. As maquetas son da súa propiedade e non están en venta. Son dalgunha maneira os seus outros fillos e familiares; neste sentido, decir que algúns dos barcos levan o nome dalgunha das súas persoas máis queridas.
A exposición, que leva o título “Exposición de barcos estáticos e NAVEGACIÓN de radio control”, vai estar aberta diariamente do domingo 4 ao domingo 11 de agosto, ámbolos dous días incluídos. Os horarios de apertura, son:
- Domingo, 4 de agosto: de 17:00 a 21:00 horas.
- Luns 5 a sábado 10 de agosto: de 10:00 a 14:00 horas.
- Domingo 11 de agosto: de 11:00 a 13:30 horas.
A exposición está montada na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove, ubicada na Avenida Deputación. Dentro desta exposición tamén imos ter unha EXHIBICIÓN DE BARCOS RADIO CONTROLADOS na Piscina Municipal de Xove, que se vai desenvolver a partires das 21.00 horas do venres 9 de agosto, con entrada totalmente libre. A organización desta exposición corre a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Xove.
“VERÁN XOVE 2019 – DISFRUTA CON NÓS”
31/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos. Nesta ocasión imos referirnos concretamente a tres, dúas rematadas e outra de celebración inmediata; comezamos por esta última:
FESTA ACUÁTICA NA PRAIA DE PORTOCELO
Na Praia de Portocelo, este vindeiro domingo 4 de agosto, a partires das 16:00 horas (4 da tarde), vai ter lugar unha festa acuática na propia praia con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas.
Vai haber xogos de todo tipo e moi variados: inchables, kayaks, etc., cada un dos cales estará controlado por un monitor que se vai preocupar do control de acceso a cada xogo e da seguridade do mesmo.
Trátase dunha actividade totalmente gratuita, organizada e patrocinada polo Concello de Xove, aberta tanto a persoas (nenos/as e rapaces/as) de Xove como visitantes, turistas, etc. Non hai limitación; a participación é totalmente, como dixemos, libre e gratuita. Só hai que ir á Praia e participar nos xogos.
DOMINGOS A REMOLLO
É unha novidade do programa deste ano, e tal como se recolle no título, desenvolveuse os domingos do mes de xullo na Praia de Lago, polas tarde. A inscrición e participación foi totalmente libre e gratuita, realizándose na mesma praia, e contou con actividade de kayaks, pádel surf, big sup, etc.
ACTIVIDADES ACUÁTICAS
Desenvolvidas na Piscina Municipal de Xove o pasado 16 de xullo, abertas a tódalas idades, co único requisito de saber nadar. Actividade organizada polo Club Natación Xove, contou con numerosos particpantes.
Seguimos con actividades, pero agora en seco. Dentro do apartado “Móvete no Verán”, estamos tendo KANGOO JUMPS. Esta actividade comezou o pasado 5 de xullo e vai ter continuidade ata o vindeiro 16 de agosto. Impartida por Lorena, de Sala 5, conta con 20 inscritos.
Por último temos “FÚTBOL SALA (3x3), actividade incluída dentro do programa Ocio Deportivo. Desenvolvida na Pista Multideportiva do Parque e no Pavillón Municipal de Xove, contou con 38 inscritos.
Festa Fin de Curso da Escola Infantil
31/Xullo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado martes, 30 de xullo, os 35 nenos e nenas da Escola Infantil de Xove celebraron o Fin de Curso cuna FESTA. Á mesma asistiron numerosos pais, que disfrutaron cos seus fillos deste día especial. Pola súa parte, o alcalde Demetro Salgueiro e a concelleira Ana Abad fixéronlle entrega da correspondente ORLA a cada un dos alumnos que rematou a súa estadía na Escola.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|